Logo de dous anos fechado, o Castelo da Palma, un dos dous grandes baluartes defensivos da RÃa de Ferrol, poderá visitarse a partir deste mes de xullo. O Concello de Mugardos abriu a reserva de visitas á fortaleza, que se poderán facer desde o venres 17 ata o vindeiro mes de setembro. A actividade, para un máximo de vinte persoas, estará guiada por persoal de turismo municipal e amosará as cubertas, a entrada da fortaleza, a capela e a cela na que estivo confinado o Tenente-Coronel Tejero, célebre pola súa tentativa golpista do 23-F. A inscrición pode facerse de xeito presencial ou electrónico na oficina de información turÃstica municipal.