As galerías da fortaleza viguesa de O Castro poderanse visitar a partir do luns

As visitas realízanse baixo reserva

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A batalla de Rande.

A batalla de Rande.

A partir do vindeiro luns 18 de setembro poderanse visitar as galerías subterráneas da fortaleza de O Castro, o emblemático castelo vigués que preside a cidade. O acceso é parte do proxecto de musealización das galerías e da propia fortaleza de O Castro, para a que foron destinados 1,4 millóns de euros financiados polo Estado. A musealización céntrase no asedio inglés á fortaleza de 1719, e de feito a visita aos propios túneles recrea o ambiente sonoro do propio asedio. Ao tempo, tamén está dispoñible unha web sobre a propia historia da fortaleza de O Castro e da historia de Vigo como praza militar. Para visitar as galerías hai que reservar a través do teléfono 010 de atención municipal e será en grupos reducidos.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares