A musealización das galerías do Castro custará 1,1 millóns de euros

O goberno central cubrirá o custo total da intervención aprobada polo Concello de Vigo

5/8/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Logo de conseguir o visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio, o Concello de Vigo aprobaba este 4 de agosto o proxecto de musealización das galerías do Castro. A prosposta municipal conta cun orzamento de 1.119.745 euros que achegará de xeito íntegro o goberno central. A iniciativa municipal pretende recuperar a rede de túneles desta fortaleza do século XVII que se redescubriu en 2020 logo de anos fechada e abandonada.

A entrada a esta rede faise pola parte leste da muralla e percorre o interior do monte ata o patio da fortaleza. O proxecto de musealización prevé explicar neste espazo o ataque inglés á cidade de 1719 mediante a recreación dun galeón e elementos multimedia. A proposta inicial do Concello tivo que ser modificada por indicación de Patrimonio, e a consideraba invasiva de máis sobre o conxunto.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Central, Concello de Vigo, Vigo, Dirección Xeral de Patrimonio