Vigo rehabilita os pazos das Raposeiras e da Pastora

Recibiron o visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio para as intervencións

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello de Vigo recibiu a aprobación da Dirección Xeral de Patrimonio para as obras de rehabilitación dos pazos das Raposeiras e da Pastora. No caso das Raposeiras, o concello deberá realizar sondaxes arqueolóxicas como paso previo á propia rehabilitación. O proxecto terá un importe de 1,4 millóns de euros de fondos europeos aos que se lle suman 350.000 procedentes dos propios orzamentos municipais.O pazo é de titularidade municipal desde 2013. É unha obra do século XVII, con profundas reformas posteriores. O pazo da Pastora tamén terá unha reforma do seu muro perimetral, que se atopa en mal estado.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio, Concello de Vigo