Boiro recuperará o pazo de Goiáns

Destinará un millón de euros á recuperación do inmoble

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O pazo de Goiáns é un dos elementos icónicos do concello de Boiro. En propiedade municipal desde hai uns anos, atópase nun estado de ruína. Agora, a Xunta resolveu conceder ao concello un préstamo sen intereses a través do Fondo de Cooperación, dun millón de euros, que o concello deberá pagar durante oito anos. Aínda non se coñece cal é o proxecto de usos do pazo de Goiáns. Agora o concello deberá axustar o proxecto coa Dirección Xeral de Patrimonio para que se axuste ás directrices necesarias.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Boiro, Dirección Xeral de Patrimonio