O Concello de Abegondo ven de sacar a licitación o contrato de proxecto e obra de rehabilitación das edificacións da finca Os Loureiros cara á súa vindeira utilización como como Pazo da Cultura municipal. Con esta licitación e o vindeiro inicio das obras o inmoble avanza con paso firme no camiño iniciado en 2021 cando o Concello adquiriu a finca a propietarios particulares que estaban a explotala comercialmente para a celebración de eventos privados. A finca Os Loureiros consta dunha casa histórica de estilo colonial de principios do século XX con tres plantas (de entre 137 e 171 metros cadrados), un pavillón cuberto exterior de 450 metros cadrados, cun xardÃn e paseo de entrada cuberto de árbores. A súa adquisición custou 400.000 euros á entidade municipal, adiantados pola Xunta de Galicia, a xeito de préstamo. Segundo consta na Plataforma de Contratación do Sector Público o Concello dispón con este fin dun orzamento base de 1.291.744 euros, procedentes do Fondo Next Generation na súa grande parte no marco do Plan de Recuperación e Resiliencia para a rehabilitación de edificios de titularidade pública. A licitación contempla un prazo de execución de un ano.