O concello da Laracha adquiriu, a través dun longo proceso de expropiación, o ben patrimonial denominado As Torres de Cillobre. Trátase dunha propiedade de 2655 metros cadrados que inclúe a única torre existente das dúas que tiña o pazo, a casa de labranza adosada a ela, un muro perimetral e un hórreo. A adquisición tivo un custe de 54.000 euros e foi levada a cabo tras dez anos de xestión da expropiación, xa que estaba prevista no plan de patrimonio municipal aprobado en 2014. O obxectivo do concello é destinar a propiedade, unha fortaleza documentada na Baixa Idade Media e con usos pacegos posteriores, a usos culturais. A Laracha é un dos concellos que está a facer unha aposta decidida pola adquisición de patrimonio. Previamente xa adquiriu o castro de Montes Claros e o menhir de Erboedo.
A Laracha finaliza a expropiación das torres de Cillobre
Adquire o inmoble por 54.000 euros
