O Concello da Laracha completa a adquisición do Menhir de Erboedo

Investiu 8.000 euros para se facer co megálito e a súa contorna

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Menhir de Erboedo. Imaxe de Turismo da Laracha.

Menhir de Erboedo. Imaxe de Turismo da Laracha.

Logo de ter aprobado o pasado mes de abril o inicio do proceso de expropiación, o Concello da Laracha completou este 12 de xullo a adquisición do Menhir de Erboedo. Esta pedrafita, así como un territorio de 4.651 metros cadrados da súa contorna pasan agora a ser propiedade do municipio, que prevé acondicionar o monumento, o terreo e os seus accesos no marco do Plan Especial de Patrimonio Local. A peza incluirase no Parque do Megalitismo da Costa da Morte que impulsan diferentes concellos da comarca co apoio da Deputación da Coruña.

Segundo apunta o propio concello, "o menhir de Erboedo está datado na Idade de Bronce. Trátase dunha pedra de granito groso, con vetas de cuarzo e feldespato, que alcanza os dous metros de altura. Na súa base posúe catro pedras do mesmo material a modo de calzos de apoio". A Laracha reivindica que a peza, tamén coñecida como Marco da Anta e Pedra do Guicho é o único menhir en pé que se conserva na Costa da Morte. A corporación municipal investiu 8.000 euros no proceso de adquisición.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Laracha, Morte, Costa da Morte, Deputación da Coruña...