Os restos da fortaleza medieval coñecida como Torres de Cillobre, en Laracha, pasarán a ser propiedade municipal. O Concello anunciou que destinará 54.000 euros a adquirir as parcelas onde se conservan estes elementos, coa intención de solicitar apoios públicos para as recuperar. Na actualidade unicamente se conserva unha parte do muro perimetral e da antiga vivenda da fortaleza do século XIV.
O monumento, que foi incorporado ao Plan Especial de Patrimonio Cultural do Concello, aparece representado no escudo municipal. En 2022 a Lista Vermella que elabora a asociación Hispania Nostra recolleu este ben como un elemento patrimonial en perigo. Nesta listaxe advÃrtese que hai fendas na parede da casa e que o muro perimetral está en moi mal estado, con partes totalmente arruinadas ou con risco de colapso inminente.