Cultura destinará 360.000 euros a recuperar o pazo-fortaleza de Tovar

Analizarán as necesidades do Mosteiro de San Salvador e do Museo de Arte Sacra

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Fonte: Fortalezadetovar.net

Fonte: Fortalezadetovar.net

O Pazo de Tovar é unha fortaleza medieval de curiosas características arquitectónicas, declarada Ben de Interese Cultural e situada preto do Camiño de Santiago que actualmente está nun ruinoso estado de conservación. Polo menos ata xaneiro de 2011, cando se inicien as obras de rehabilitación que anunciou hoxe en Lourenzá (Lugo) o conselleiro de Cultura Roberto Varela. En total, a Cultura destinará 360.000 euros a recuperar este pazo-fortaleza levantado na metade do século XVI por Don Antonio de Tovar, home de confianza de Carlos V. Na visita por terras lucenses, Varela tamén anunciou que analizarán as necesidades do Mosteiro benedictino de San Salvador así como o Museo de Arte Sacra para determinar as posibles actuacións.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Ben de Interese Cultural, Camiño de Santiago, Lugo

Claves

Protagonistas
Lugares