Unhas xornadas do CSIC analizarán o mundo dos pazos

O encontro desenvólvese no pazo de Tovar, en Lourenzá, os días 7 e 8 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os pazos, tempos e espazos vistos desde Tovar é o título das xornadas que organiza os vindeiros 7 e 8 de maio o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento do Centro Superior de Investigacións Científicas. O Pazo de Tovar, en Vilanova de Lourenzá, será a sede do encontro, que pretende analizar diferentes aspectos da cultura pacega no noso país. A presenza dos pazos na literatura, a economía e sociedade destes espazos ou o papel das mulleres nos mesmos son algúns dos temas que se abordarán. O encontro completarase con visitas guiadas ao Pazo de Tovar, que tamén protagonizará unha charla, e mais ao mosteiro de San Salvador de Lourenzá.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CSIC, Literatura, Economía, Mulleres...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares