Cultura destina 413.000 euros a recuperar os mosteiros de Celanova e Oseira

A Consellaría achegará outros 300.000 euros á fortaleza de Tovar

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A colaboración entre a Consellaría de Cultura e mais o Ministerio de Fomento a través do seu programa do 1% cultural permitirá desenvolver entre este ano e o seguinte traballos de rehabilitación e de conservación nos mosteiros de Oseira e mais San Rosendo de Celanova. En total investiranse nestes cenobios 419.064 euros. No caso de Oseira, as obras permitirán reparar as cubertas do claustro e diferentes aleiros. En Celanova, o investimento concentrarase na conservación dun conxunto de bens mobles conservados no mosteiro. Ao tempo, a Consellaría investirá 299.998 euros en obras de acondicionamento da Torre de Tovar, en Lourenzá, dos que un 70% chegan do programa Feder Galicia 2007-2013. Neste ben de interese cultural desenvolveranse traballos de consolidación, instalación de luz electrica e iluminación e reparacións de portas e xanelas.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oseira, Celanova, Feder, Torre...