Hotusa adquire o mosteiro de San Salvador de Asma

Atópase nun importante estado de deterioro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Igrexa e mosteiro de San Salvador de Asma (Chantada). Foto: Turismo de Ribeira Sacra

Igrexa e mosteiro de San Salvador de Asma (Chantada). Foto: Turismo de Ribeira Sacra

A cadea hoteleira Hotusa acaba de adquirir o mosteiro de San Salvador de Asma (Chantada), un dos recintos conventuais da Ribeira Sacra que permanece en mans de particulares. O mosteiro foi fundado no século X por unha parella de aristócratas e pasou aos bieitos ao redor do século XII. Aínda que a igrexa é parroquial, o resto da edificación monástica era de propiedade particular e atopábase en mal estado de conservación. Dase a circunstancia que o propietario de Hotusa é da parroquia chantadina de Camporramiro, próxima a San Salvador de Asma. Aínda non trascendeu a finalidade para a que o grupo hoteleiro quere destinar o inmoble, aínda que a cadea xa adquirira o Pazo de Sober. A recuperación e a rehabilitación do mosteiro foi unha demanda habitual dos grupos políticos chantadinos.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sober, Chantada, Ribeira Sacra