O concello de Boiro restaura a capela do pazo de Goiáns

É o seguinte paso trala recuperación do inmoble principal

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello de Boiro iniciou as obras de restauración da capela do pazo de Goiáns, un pequeno edificio do século XIX construído dentro do recinto desta casa solariega, aínda que incorpora algúns elementos de épocas anteriores. A documentación sinala que a capela existe como tal cando menos desde 1630. O proxecto, cun importe de 122.000 euros (dos cales un 80% son de achega da deputación coruñesa e o resto dos fondos municipais) permitirá a recuperación do edificio relixioso e a pasarela de pedra que o comunicaba co pazo e que permitía os señores da casa acceder aos oficios relixiosos sen se mollar. Trátase do seguinte paso na recuperación do complexo fidalgo, tralo investimento dun millón de euros na rehabilitación do edificio principal, onde se atopa a emblemática torre que é o signo de identidade.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Boiro, Torre, Identidade

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares