Patrimonio autoriza a construción do centro de interpretación de Toralla

As sondaxes dentro do chalé de Mirambell revelaran estruturas arqueolóxicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta autorizou ao concello de Vigo a proseguir coa rehabilitación do chalé de Mirambell como futuro centro de interpretación da vila galaicorromana de Toralla. As sondaxes previas revelaran estruturas arqueolóxicas romanas nos alicerces do chalé e precisábase o permiso de Patrimonio para continuar. O tempo de resolución protagonizara unha polémica entre o concello olívico e a Consellería de Cultura porque Vigo precisa executar a obra antes de novembro se non quere perder o investimento ofrecido polo Ministerio de Cultura.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio, Concello de Vigo, Ministerio de Cultura, Consellería de Cultura