Vigo construirá o centro de interpretación da vila romana de Toralla

O Ministerio de Cultura achega unha subvención dun millón de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Foi un proxecto discutido e paralizado durante boa parte da década pasada. A finca de Mirambell, fronte á viguesa illa de Toralla, acolle unha vila romana que foi sendo, progresivamente, abandonada trala súa escavación. Ademáis, o proxecto dun centro de interpretación no chalé dos anos 40 da finca nunca chegou a executarse. Agora, o concello de Vigo dispón dunha subvención do Ministerio de Cultura para executar as obras do centro de interpretación e o proxecto museográfico, así coma o acondicionamento das ruínas romanas. As obras deberán estar finalizadas antes de 2014.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Concello de Vigo

Claves

Lugares