Reactívase o proxecto do Centro de Interpretación de Mirambell, en Vigo

O espazo explicará a vila romana anexa e outros restos arqueolóxicos da época

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Aínda que con atraso, o proxecto do centro de interpretación do depósito arqueolóxico de Mirambell, en Vigo, está a se reactivar. O tenente alcalde, Santiago Domínguez, visitaba onte os traballos de mellora do contorno deste espazo, xa finalizados, e anunciaba a vindeira sinatura dun convenio co Ministerio de Cultura. Segundo ese acordo, Madrid investirá preto dun millón de euros no acondicionamento do edificio que explicará os restos romanos de Vigo. Ademais da vila de Mirambell, o espazo tratará tamén espazos somo as saíñas de Marques de Valladres ou a necrópole do Areal.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier Mirambell

A vila romana de Vigo contará cun centro de interpretación para o 2009

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Ministerio de Cultura, Madrid, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares