A recuperación da vila romana de Mirambell continuará parada por falta de permisos para as obras

Depósito en calma

12/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Aínda que o concello de Vigo aprobara o pasado venres o investimento de 200.000 euros para recuperar os restos romanos que se conservan na finca de Mirambell, a falta de permisos está a dificultar as posibilidades reais de actuar neste espazo. A negativa da Consellaría de Política Territorial a aceptar o proxecto de centro de interpretación que o concello presentaba e a falta de resposta desde o Ministerio de Medio Ambiente para as obras son as causas do problema. O prazo para conseguir estes permisos remata co ano, e de non acadalo, perderase o investimento previsto, segundo asegura Atlántico Diario na súa edición deste sábado. Mirambell acumula deste xeito novos atrasos para a súa recuperación.

Máis información nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Culturagalega, Atlántico, Vigo