O concello de Vigo pon en marcha a recuperación do barco Bernardo Alfageme e dos restos arqueolóxicos de Mirambell

Vigo activa o seu patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Dous dos elementos do patrimonio de Vigo que corrían un maior risco de degradación, o barco Bernardo Alfageme e o depósito romano de Mirambell, verán en breve cadanseu proxecto de recuperación. O histórico pesqueiro Bernardo Alfageme, que correu en varias ocasións serio perigo de despezamento pola falta de fondos para a súa recuperación, foi finalmente retirado do peirao e levado a terra. Agora o concello, a través de fondos do programa Interreg, restaurará o navío, aínda que só externamente, e depositarao en terra para a súa exposición. Mentres, un convenio do goberno local coa Universidade de Vigo permitirá que se faga a definitiva escavación do asentamento Romano de Mirambell, cuxa degradación xa provocara diferentes protestas e fora recoñecida polo propio concello. Os traballos desenvolveranse ao longo de dous anos e ao seu remate os restos serán visitables polo público. O concello achegará 150.000€a este proxecto, que completará deste xeito os traballos que quedaran pendentes na última campaña de escavación, no ano 2003.

Máis información sobre o Bernardo Alfageme en Faro de Vigo e nos nosos arquivos; sobre as obras en Mirambell na edición de hoxe de Atlántico Diario e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Concello de Vigo, Faro de Vigo, Universidade de Vigo...