Segundo anunciaba onte o goberno municipal, a ConsellerÃa de PolÃtica Territorial e mais a Dirección de Costas accederon finalmente a autorizar o plan de musealización da finca Mirambell en Vigo. Iso si, o permiso limita as actuacións ao depósito de restos romanos e impide a construción da cafeterÃa e do centro de interpretación que estaban previstos no plan municipal. Este acordo de última hora impedirá que se perdan os máis de 300.000 euros que o goberno local tiña asignados a este proxecto e que tiñan que ter destino antes de fin de ano. Ao tempo, hoxe se asina o convenio pola que a ConsellarÃa de Cultura achegará un millón de euros para a conservación do restos tamén romanos de Marqués de Valladares.
Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos