Cultura inaugura a Casa dos Mosaicos de Lugo e investirá un millón para acondicionar os restos de Marqués de Valladares en Vigo

Romanos en conserva

21/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Os restos romanos da coñecida como Casa dos Mosaicos en Lugo contarán desde hoxe cunha sala arqueolóxica na que se poderán ver e coñecer, ademais, o aspecto deste lugar no momento da súa construción a través dun vídeo. Ademais de inaugurar esta instalación, a Consellaría de Cultura anunciou que investirá un millón de euros en acondicionar os restos, tamén romanos, que apareceron nun predio da rúa Marqués de Valladares e que corresponden a unha antiga fábrica de salgadura.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos sobre os restos de Lugo; sobre os restos de Vigo

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Vigo, Culturagalega, La Voz de Galicia

Claves

Lugares