Castrolandín inicia a súa temporada de visitas escolares ao tempo que a Xunta se fai cargo dos restos de Marqués de Valadares, en Vigo

A ver e a gardar os restos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Nos vindeiros quince días máis de 840 alumnos de centros de ensino da Coruña e de Pontevedra visitarán o depósito arqueolóxico de Castrolandín, en Cuntis. Estas visitas escolares contarán con guías que explicarán polo miúdo as características do lugar e o xeito de vida dos castrexos. Mentres, a Consellaría de Cultura anunciou que asumirá os custos da musealización dos restos romanos que apareceron na rúa Marqués de Valadares, en Vigo. O custo do proxecto está estimado nun millón de euros e ten un prazo de execución previsto de catro anos. Unha vez rematadas, será o Concello quen se encargue de xestionar as futuras instalacións.

Máis información sobre Castrolandín en La Voz de Galicia; máis sobre os restos romanos en Faro de Vigo; máis nos nosos arquivos sobre Castrolandín ; sobre os restos romanos

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castrolandín, Culturagalega, Pontevedra, Faro de Vigo...