Novos achados obrigan a repensar o centro de interpretación da vila romana de Mirambell

Varias catas amosan que parte da vila romana pode estar baixo o chalé

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

As seis catas realizadas no interior do histórico chalé da finca Mirambell, en Vigo, destinadas a determinar se existen máis achados no que sería o futuro centro de interpretación da vila romana amosaron a existencia de máis construcións de época romana por debaixo do inmoble. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou que "hai que alterar a idea para poñer en valor estes restos que poden ser de gran envergadura". O rexedor anunciou que os cambios poden ser mesmo de non realizar o centro de interpretación como tal e apostar por un modelo de musealización ao aire libre. O concello de Vigo recibiu unha subvención dun millón de euros por parte do Ministerio de Cultura para musealizar e recuperar o sitio arqueolóxico.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abel Caballero, Concello de Vigo, Ministerio de Cultura, Arqueoloxía

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares