850.000 euros para a muralla do Castro en Vigo

Trátase de consolidar e recuperar as zonas máis deterioradas do castelo do XVII

13/6/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Onte publicouse a licitación das obras de recuperación e posta en valor do Castro, en Vigo. O importe da obra sube a máis de 835.000 euros dos que o ministerio de Fomento achegará o 75 por cento do total e o concello do Vigo o importe restante. A zona que se intervirá corresponde ao castelo de O Castro, do século XVII, unha fortificación moi ligada á historia da cidade. A actuación acometerá obras nas zonas danadas das estruturas defensivas mellorando tamén a accesibilidade e a súa integración na paisaxe urbana.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Castelo, Paisaxe, Ministerio de Fomento

Claves

Conceptos
Lugares