O Castelo de Soutomaior abre a súa mostra permanente

A exposición explica o mundo medieval e mais a historia da fortaleza

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:

A exposición permamente que fará do Castelo de Soutomaior un centro dedicado á Galicia Medieval abría as súas portas esta mañá. A mostra, clasificada en sete bloques temáticos analiza a evolución da fortaleza ao longo dos séculos, a vida e a cultura do feudalismo ou a familia Soutomaior, entre outras cuestións. O último bloque da mostra, O mundo da guerra nun Castelo Medieval está distribuído por diferentes espazos da fortaleza e explica os sistemas de asedio e de defensa da época. A mostra foi coordinada desde a Deputación de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Guerra, Deputación de Pontevedra

Claves

Conceptos
Lugares