Soutomaior transformarase nun museo dedicado á Baixa Idade Media

O proxecto preséntase dentro de Fitur, a feira de turismo que se desenvolve en Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Primeiro acometeuse a reforma integral do castelo de Soutomaior e agora, a Deputación de Pontevedra, quere dotalo de contido. De feito, no marco da realización da feira de turismo de Madrid, Fitur, o Deputación presenta a musealización do complexo. Un proxecto que quere por en valor o momento histórico no que se construíu a fortaleza, a Baixa Idade Media, coa exhibición de pezas (canóns, cotas de malla, alabardas ou puntas de frecha) e documentos da época (réplicas ou orixinais dos que se conservan no Museo Provincial, no arvuio das familias Solla e Soutomaior).

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade Media, Feira, Turismo, FITUR...