A Xunta quere incrementar o número de turistas estranxeiros ao redor do Camiño de Santiago

A Deputación de Pontevedra presenta dous roteiros de patrimonio cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:

O patrimonio cultural parece ser o centro das estratexias de promoción turística que Galicia está a levar a FITUR, a Feira de Turismo de Madrid. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, marcou como prioridade facer medrar o número de turistas estranxeiros e destacou que o Camiño de Santiago é un eixo central deste desenvolvemento. Pola súa banda, Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, manifestou que a súa institución está a apostar polo turismo cultural e o turismo de eventos, e presentará en FITUR dous roteiros: o dos Castelos e o designado pola Deputación como "Roteiro dos Xacementos", que comprende 16 sitios arqueolóxicos de toda a provincia da Idade do Ferro ou de época romana.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Camiño de Santiago, Deputación de Pontevedra, FITUR...