Fotograma de "E se a calidade fose un lugar?" / Xunta de Galicia
Cada ano, a Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra en Madrid é un bo escenario para coñecer as narrativas coas que se presenta Galicia a través dos vídeos institucionais presentados por diferentes entidades de promoción turística. Desta volta, destacan as campañas institucionais da Xunta de Galicia, que continúa coa súa estratexia de relanzamento da marca Galicia Calidade en combinación con Turismo de Galicia, ou o concello de Tui, que se suma á celebración do 800 aniversario da catedral a través dun pequeno documental titulado "Tui, catedral de Historias". A aposta polo eclipse solar deste verán centra a campaña da Deputación da Coruña e o concello de Ferrol presenta un vídeo no que se mesturan os espazos naturais do concello coa creación artística. O concello da Coruña continúa apostando polos valores gastronómicos da cidade e Turismo Rías Baixas aposta polos escenarios da provincia para as diferentes prácticas deportivas. Santiago de Compostela céntrase no turismo de negocios e congresos, atendendo ás peticións de desestacionalización do sector hostaleiro. De seguindo podes ver algúns deses vídeos.
Xunta de Galicia
E se a calidade fose un lugar?
Clúster Turismo de Galicia
Un sector que suma valor
Concello de Santiago
Compostela é moito MICE
Concello de Tui
Tui, Catedral de Historias
Concello da Coruña
A Coruña: pura gastronomía atlántica
Turismo Rías Baixas
A túa meta, o teu destino
Turismo Deputación de A Coruña
Vive a eclipse total de Sol na provincia da Coruña
Concello de Ferrol
Ferrol Touch
E se a calidade fose un lugar?
Clúster Turismo de Galicia
Un sector que suma valor
Concello de Santiago
Compostela é moito MICE
Concello de Tui
Tui, Catedral de Historias
Concello da Coruña
A Coruña: pura gastronomía atlántica
Turismo Rías Baixas
A túa meta, o teu destino
Turismo Deputación de A Coruña
Vive a eclipse total de Sol na provincia da Coruña
Concello de Ferrol
Ferrol Touch

