Sesenta mil persoas visitan o espazo de Galicia en Fitur

É o primeiro escaparate turístico do Ano Xacobeo

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:

Fitur, a feira de turismo de Madrid, foi o primeiro gran escaparate turístico neste ano Xacobeo. Segundo unha nota de prensa, preto de 60.000 persoas visitaron o espazo que Xunta e diferentes entidades turístiscas de Galicia presentaron en Madrid. Os entroidos de Ourense, turismo de saúde e augas de Galicia xunto co reparto de folletos e produtos gastronómicos conformaron a aposta de divulgación. Ademais, segundo a consellaría de Cultura e Turismo, o portal de internet “creado especificamente por Turgalicia para promocionar a Comunidade galega neste certame turístico, recibiu máis de 95.000 solicitudes de acceso”.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, FITUR, Ano Xacobeo, Madrid...