O goberno dá luz verde ao gran mapa turístico de Galicia

É unha das medidas contempladas na Lei de turismo de Galicia

24/11/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedadeTurismo
26 lecturas | Compartido 0 veces

Será un mapa que ordene os recursos turísticos, naturais, patrimoniais e culturais de Galicia. O mapa de destinos turísticos de Galicia, Xeodestinos, estaba contemplado na Lei de turismo de Galicia e non se pon en marcha ata agora, coa aprobación do proxecto no Consello da Xunta logo dun ano de traballo. Xeolocalizar os recursos implica a colaboración de numerosas entidades (Turgalicia, Turespaña, o Instituto de Estudos Turísticos) así como os concellos. Segundo unha nota de prensa remitida pola Xunta, esta forma de organizar os territorios evitará duplicidades entre as ofertas turísticas das institucións.


Universo culturagalega.gal

24/03/2011

Guías para o móbil

Diferentes iniciativas aproveitan as posibilidades dos smartphone para o turismo en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Turismo de Galicia, Turgalicia

Claves

Conceptos