Será o organismo encargado de xestionar o turismo, ententido desde a xestión das reservas hotaleiras ata a conservación e promoción dos Camiños de Santiago. A nova entidade unifica as competencias que antes estaban dispersadas en numerosos departamentos, tales como a SecretarÃa Xeral para o turismo, os servizos de turismo nas xefaturas territoriais, a Sociedade de Imaxe e Promoción TurÃstica de Galicia (Turgalicia) e o Consorcio Instituto de Estudos TurÃsticos de Galicia. Ademais, tamén asumirá a tutela funcional da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo (para o que se tivo que modificar o seu obxecto social). A Axencia, comezará a andar coa publicación do decreto no DOG que estipulará a súa composición e funcionamento e que foi aprobado onte no Consello da Xunta.