Unha entidade asesorará á Xunta na planificación do Ensino Artístico Superior

A creación do órgano colexiado foi aprobado no Consello da Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A súa misión será realizar informes, estudos e transmitirllos á Xunta en todo o que teña que ver co Ensino Artístico Superior en Galicia. Ou o que é o mesmo, planificar e coordinar os estudos de música, danza, arte dramática, conservación e restauración de bens culturais, que afectan a 11.814 alumnos do país. A súa creación, que figura dentro da Lei Orgánica de Educación (LOE), acaba de ser aprobada hoxe no Consello da Xunta por decreto. Neste documento figura a composición e funcionamento deste organismo que ten carácter consultivo.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Danza, Educación

Claves

Conceptos
Lugares