Nace o Observatorio Galego da Xuventude

O organismo centrarase na avaliación de políticas e na elaboración de informes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Consello da Xunta acordaba esta mañá a creación do Observatorio Galego de Xuventude, un "órgano colexiado de participación, investigación e asesoramento das políticas de xuventude" que estará adscrito á Dirección Xeral homónima. O novo órgano encargarase de facer informes, analizar as necesidades e avaliar as políticas neste campo. Na súa composición estarán representantes da Vicepresidencia, das consellarías que afecten esta área, das tres universidades, do Instituto Galego de Estatítica, e mais da Federación de Municipios e Provincias.

A entidade contará tamén cun representande co Consello da Xuventude de Galicia, un organismo que tamén ten entre as súas atribucións a "elaboración e aprobación de informes e ditames, que serán preceptivos para a Xunta de Galicia cando se trate de promulgar disposicións que atingan de xeito específico á mocidade como colectivo social, na orde educativa, socio-cultural, sanitaria, laboral ou calquera outra".

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos