A Xunta creará o Consello Asesor da Paisaxe de Galicia

Estará composto por administracións, entidades sociais e universidades

19/5/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

A Xunta iniciou onte a tramitación do decreto para a creación do Consello Asesor da Paisaxe de Galicia. Trátase dun órgano colexiado para "a promoción e o desenvolvemento de políticas comúns, coordinadas e programadas que poidan ter un impacto en materia de paisaxe na Comunidade Autónoma", segundo explicou o Goberno nun comunicado. O Consello estará adscrito á consellería competente en materia de ordenación do territorio e nel estarán representados a Administración autonómica, a local, as asociacións cuxo fin sexa a protección e mellora da paisaxe, as universidades galegas e os especialistas en paisaxe. O Consello exercerá tamén de órgano asesor e consultivo da Aministración e terá a potestade de presentar propostas de estudo, actuacións ou melloras a esta.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Asociacións

Claves