A Xunta elimina o Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia

Substituiráo outro consello que velará polas telecomunicacións e desenvolvemento dixital

14/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Naceu en 1999 coa intención de ser un órgano asesor en materia de telecomunicacións e audiovisual. Cunha composición que superaba o cincuentenar de profesionais de todos os ámbitos (desde as Deputacións, ata os sindicatos pasando polas Universidades, asociación sectoriais) a súa propia xénese converteuno nun órgano pouco operativo para xestionar competencias que asumían audiovisual e telecomunicacións. O Consello Asesor das Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia desaparece. No seu lugar crearase outro Consello pero só con competencias en telecomunicacións . Chamarase Consello Asesor para as Telecomunicacións e o Desenvolvemento Dixital de Galicia e está contemplado na Lei deimpulso e ordenación das infraestruturas e telecomunicacións de Galicia" que inicia agora o trámite parlamentario.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves