O Consello Asesor das Telecomunicacións retoma a actividade despois de catro anos

É o máximo órgano asesor do Goberno en materia de telecomunicacións e audiovisual

A transición cara a tecnoloxía dixital, os cambios no marco normativo estatal (está en debate no Parlamento a futura Lei Xeral do Audiovisual) e o futuro no ámbito local, son algúns dos temas que ha de abordar o Consello Asesor das Telecomunicacións e do Audiovisual. Despois de catro anos sen se reunir, os seus membros xuntáronse hoxe e acordaron, tal e como publica A nosa Terra, convocar un concurso público para a adxudicación das licenzas de radio dixital terrestre (que xa foran convocadas nun concurso que revogou o bipartito). Entre os cometidos deste organismo, está asesorar o Goberno en materia de telecomunicacións e audiovisual.