As licenzas de televisión dixital terrestre adxudicaranse antes do verán do 2005

Licenzas en dixital

23/11/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O sábado o conselleiro Xesús Pérez Varela anunciaba a revolución da televisión dixital. Onte, no Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia precisaba un pouco máis sobre o concurso que terá lugar para adxudicar as licenzas: as das dúas televisións autonómicas terán unha vixencia de dez anos (as outras dúas resérvanse para a TVG) e as locais de cinco; impón a obrigatoriedade do galego nunhas emisións que han de ter un mínimo de 32 horas semanais, das que o 60% do que se exhiba será de produción propia. Ademais, avanzou que o concurso se resolverá antes de que finalice o primeiro semestre do 2005. Nesa mesma reunión Pérez Varela asegurou que o libro branco do audiovisual estará listo en marzo.

Máis información en La Voz de Galicia e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Pérez Varela, Galicia Hoxe, TVG, La Voz de Galicia...

Claves

Protagonistas
Conceptos