A Xunta anuncia a licenza para novas canles televisivas e radiofónicas

As posibilidades dixitais

22/11/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Chega o mundo dixital. O conselleiro de cultura, Xesús Pérez Varela acaba de anunciar que a partir do vindeiro ano haberá 84 novas cadeas televisivas (catro autonómicas e o resto de carácter local) e 132 emisoras de radio dixitais (12 autonómicas e 120 locais). Unhas licenzas que sairán a concurso público logo de que se tramite o decreto que rexerá o réxime xurídico da televisión en Galicia. Deste xeito adiantámonos á nova forma de transmisión do sinal, xa que a UE fixou o 2012 como prazo para que se produza o "apagón analóxico". As principais vantaxes do sistema dixital están na calidade de son, a multiplicación de canles e nos servizos interactivos.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Pérez Varela, El Correo Gallego, La Voz de Galicia