Os produtores galegos únense para optar a unha das canles da televisión dixital terrestre

A unión fai a televisión

15/12/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O anuncio de Xesús Pérez Varela da creación de 84 novas cadeas televisivas (catro autonómicas e o resto de carácter local) continúa suscitando reaccións. A última a dos produtores galegos que onte anunciaron que se asociarán coas entidades financeiras e contratarán os servizos de expertos na xestión das novas tecnoloxías para optar ás dúas canles autonómicas (dúas resérvanse para a TVG). O anuncio fíxoo Pancho Casal na clausura das xornadas I+P de exposición de proxectos organizados polo Clúster, no que se presentaron numerosos proxectos.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Pérez Varela, TVG, La Voz de Galicia

Claves

Protagonistas