Faro de Vigo, Grupo Progreso (que edita El Progreso), La Región, El Ideal Gallego e o Grupo Correo Gallego, o financeiro Juan Carlos RodrÃguez Cebrián e a productora e distribuidora FÃlmax acaban de unificarse para optar a unha canle dixital autonómica. Os representantes das diferentes empresas acudiron onte a unha xuntanza co presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, para darlle a coñecer o proxecto. Este consorcio achega o fondo cinematográfico de FÃlmax asà como a experiencia das divisións audiovisuais das diferentes editoras de prensa. Este anuncio súmase ao fixeron en decembro pasado as entidades agrupadas en AGAPI que anunciaron que se asociarÃan coas entidades financeiras para optar a unha das licenzas autonómicas.
Máis información en El Correo Gallego, nesta nova o anuncio de AGAPI e na nosa hemeroteca sobre a televisión dixital terrestre