O Consello da Xunta aproba o decreto que regula a televisión dixital terrestre

TDT

15/4/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A televisión dixital está cada vez máis preto. O Consello de Goberno da Xunta aprobou onte o decreto que regula o réxime xurídico, os requisitos, trámites e obrigacións da televisión dixital terrestre. Ponse en marcha o anuncio feito por Pérez Varela no pasado mes de novembro cando anunciou a creación de 84 canles de televisión dixital (catro autonómicas e 81 locais). Agora falta que o DOG publique o decreto ao que lle seguirá o concurso público para a concesión das canles privadas. En todo caso, o 4 de agosto é a data esixida polo goberno para que a televisión dixital terrestre sexa unha realidade.

Máis información sobre o consello da Xunta no seu web (en .pdf), a nova en La Voz de Galicia e El Correo Gallego; e sobre a televisión dixital terrestre no escáner de Vieiros

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, TDT, El Correo Gallego, La Voz de Galicia

Claves

Conceptos