O Consello da Xunta aproba as bases do concurso para a concesión da televisión dixital terrestre

A televisión é para o verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A lei 41/1995 é a que establece que antes do 4 de agosto deberán estar adxudicadas as licenzas de televisión dixital terrestre. Unha normativa á que se agarra o goberno en funcións para cumprir o procedemento, aínda que estamos en período electoral. O venres da semana pasada o consello da Xunta aprobou os pregos para esta oferta que regulará dúas canles de televisión autonómica (as outras dúas resérvanse para a TVG) e 63 canles de televisión de ámbito local. Como o goberno que resulte das eleccións do vindeiro 19 de xuño se constituirá a mediados de agosto, será o goberno en funcións quen falle o concurso.

Máis información no Consello da Xunta (en pdf)

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG

Claves

Entidades