O goberno en funcións concede cadansúa emisora de televisión dixital autonómica a La Voz de Galicia e á Sociedade Radio Popular-Cadena Cope

Licenzas dixitais

22/7/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Consello da Xunta en funcións adxudicou hoxe dúas licenzas de televisión dixital terrestre de cobertura autonómica ás candidaturas de La Voz de Galicia e da Cadea Cope. Tal e como figuraba no decreto que establecía o prego de condicións, as adxudicatarias deberán emitir, como mínimo, o 60% do total da emisión de programas de produción propia, do que a metade estará obrigatoriamente en galego, ademais de empregar o galego de xeito “usual”. Polo demais, a proposta de La Voz de Galicia supón un investimento de 97 millóns de euros e a creación de 148 postos de traballo, mentres que a da Sociedade Radio Popular, S.A. Cadea Cope propón investir 2.3 millóns de euros e crear 40 postos de traballo.

Máis información no Consello da Xunta (en PDF) e na nosa nova sobre o decreto na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Culturagalega, Lingua galega

Claves

Conceptos