4.000 palabras para innovar

A partir de hoxe está dispoñible en liña o Diccionario Galego das Telecomunicacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
4.000 palabras para innovar

"Había unha demanda por parte dos profesionais deste produto, que ata agora só podían buscar en castelán ou en inglés", asegura Ricardo Fernández, director xerente do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG), coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. A partir de hoxe, os usuarios teñen acceso de balde ao Digatic, unha ferramenta destinada a explicar o significado da terminoloxía das telecomunicacións, e que nace con 4.000 termos dispoñibles

A idea, con todo, segundo Ricardo Fernández, é responder ao dinamismo e ás continuas innovacións do sector mantendo actualizado continuamente o produto.

No Digatic traballou un equipo de trinta persoas desde hai dous anos e medio, dividido en dúas comisións. Unha delas estivo integrada polos enxeñeiros da Escola
Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo, e foron os que se encargaron de localizar os termos e situalos nunha xerarquía de niveis. Pola outra banda, a Real Academia Galega encargouse de ofrecer a información gramatical de cada de termo e de dar forma lexicográfica.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Vigo

Claves

Lugares