Nace o Observatorio dos Ríos Galegos

O novo organismo consultivo controlará o estado dos cursos fluviais do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se crea e se regula o Observatorio Autonómico dos Ríos de Galicia. Este novo organismo consultivo da Xunta dependerá da Consellaría de Medio Ambiente e terá entre as súas funcións "o asesoramento sobre o estado ambiental, económico-social e cultural dos ríos da Comunidade Autónoma de Galicia, a elaboración de informes e estudos, e a diagnose e proposta de medidas que axuden a definir as distintas políticas autonómicas de posta en valor dos ecosistemas fluviais de Galicia". Dentro das medidas que poderá abordar o novo órgano está a de elaborar plans directores para os diferentes cursos fluviais e desenvolver propostas para difundir a importancia dos ríos.

O organismo contará con representantes de institucións e sectores implicados na conservación e xestión dos ecosistemas fluviais, cun total de 35 membros. As consellerías de Economía, Emprego e
Industria; Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Política Social, Medio Rural,
Mar e a Axencia Galega de Turismo, como Augas de Galicia, as Confederacións Hidrográficas do Miño Sil, do Douro e Cantábrico; así como as tres universidades galegas, organizacións ecoloxistas, Federación Galega de Pesca ou a Federación de Municipios e Provincias contarán con presenza neste novo órgano.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellaría de Medio Ambiente, Educación, Economía, Turismo...