A Xunta terá no 2008 un plan de ordenación das concas fluviais de Galicia

O plan xurro

29/11/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
17 lecturas | Compartido 0 veces
Os verquidos dos xurros (tanto orgánicos como industriais) contribúen á dexeneración da calidade dos ríos. Evitalos é un dos obxectivos nos que a Consellaría de Medio Ambiente traballa desde hai uns meses. Seguindo unha proposta da Asociación Galega de Amigos dos Ríos, Montes e Fauna Salvaxe (Agarimfas) a Consellaría está a elaborar un estudo sobre os factores que interveñen na xestión de cada conca e un inventario de cadansúa especies piscícolas. Un traballo a partir do que se elaborará un plan de ordenación das concas fluviais de Galicia que está previsto que se remate no 2008.

Máis información en La Voz de Galicia

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellaría de Medio Ambiente, La Voz de Galicia