Un censo contralará as especies invasoras nos ríos

Tomaranse mostras en 76 puntos da rede fluvial

5/1/2009 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
8 lecturas | Compartido 0 veces
Ante o risco que moitas das nosas especies fluviais corren pola presenza de peixes foráneos, Medio Ambiente anunciou a posta en marcha dun censo de especies invasoras. O proxecto tomará mostras en 76 puntos dos nosos ríos, e permitirá tamén saber que tipo de peixes están nun maio perigo e o efecto da contaminación sobre a fauna. Os responsables do inventario capturarán exemplares de diferentes especies e, logo de medilos, pesalos e analizalos, voltaranos ao río.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves