ADEGA edita dous folletos para identificar especies invasoras

Estes organismos supoñen segunda causa de perda de biodiversidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
ADEGA edita dous folletos para identificar especies invasoras

A implantación de especies foráneas en novos ecosistemas supón a segunda causa de destrución de biodiversidade a nivel mundial. Para conscienciar sobre este perigo e facilitar a implicación dos interesados en palialo a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) acaba de editar dous folletos nos que dá conta das principais especies invasoras que se poden atopar no noso país.

Un total de 28 especies recóllense nestas publicacións, dedicadas respectivamente a plantas e a animais. Mapaches ou sapoconchos de florida, bambús ou xacintos de auga son identificados mediante descricións, debuxos e datos para facilitar a súa identificación.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ADEGA

Claves

Entidades