Comeza o seu traballo o Observatorio Galego da Biodiversidade

Ollando a vida

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Elaborar un plan de control de especies invasoras e colaborar coas universidades para proxectos de conservación de fauna e flora son algúns dos primeiros traballos que abordará o Observatorio Galego da Biodiversidade. Este organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente tiña onte a súa primeira xuntanza, na que se sinalaron ademais temas a definir en vindeiros encontros. Os plans de xestións para diferentes especies, ou a creación dun web e dun sistema de información territorial da biodiversidade son outras das cuestións que o organismo quere abordar.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellaría de Medio Ambiente