Compostela buscará protexer a biodiversidade canda aos bens culturais

As Cidades Patrimonio da Humanidade colaborarán con SEO/BirdLife para mellorar o medio urbano

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

A Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/Bidflife) asinou recentemente un convenio co Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, entre elas Santiago de Compostela. Con este acordo, búscase que as urbes participantes garantan a conservación do medio natural e da biodiversidade no seu interior, do mesmo xeito que atenden ao coidado do patrimonio histórico. Conseguir unha maior diversidade das especies que viven, minimizar os conflitos coa avifauna ou procurar unha boa xestión das zonas verdes son algúns dos ámbitos que se inclúen no acordo. No caso concreto de Compostela tense sinalado a importancia da fauna e da flora que habita na Catedral de Santiago. Ao tempo, recentemente houbo polémica polos traballos con herbicidas para a limpeza da Muralla de Lugo, que afectaban ás especies que aniñaban no monumento.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Catedral, Muralla de Lugo, Catedral de Santiago...